
No día de hoxe tivo lugar a presentación da carreira 5K “El Canario” que nesta quinta edición homenaxeará ao corredor ribeirense Jose Nespereira.
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal xunto con Clara Millares e Israel Benitez, responsables do club “El Canario”.
Xabier Vidal anunciou que a data da carreira será o vindeiro domingo 22 de xuño na praza Pablo Neruda ao lado do Concello; a carreira absoluta sairá ó redor das 10:00 horas e percorrerá un circuíto urbano que pasará polo Malecón, As Carolinas e unha parte do Porto. Farase un circuíto ao redor do Concello a partir das 10:45 h para as categorías; zapatilla inclusiva, carreira por parellas e as carreiras de menores.–a partir de 3 anos–.
Vidal animou á veciñanza, á xente da comarca e de toda Galicia a inscribirse na páxina web: https://www.carreirasgalegas.com/ até o
mércores 18, finalizou agradecendo o traballo ao Club El Canario, GAEM e Policía Local, “que velarán pola seguridade da proba”.
“A carreira contará co soporte da Federación Galega de Atletismo”, indicou Clara Millares, e puntualizou que “esta carreira aspira a ser homologada pola Federación, sería unha boa proba de 5K para incorporar no calendario da Federación”.
Millares indicou que haberá trofeos para os corredores locais –para os tres primeiros nas categorías masculinas e femininas– e tamén haberá uns bonos de 100 euros para os primeiros, un pantalón deportivo para os segundos e uns calcetíns para os terceiros. “Despois para os absolutos haberá premios en metálico e trofeos para os tres primeiros nas dúas categorías así coma medallas en tódalas categorías” sinalou Clara.
O homenaxeado este ano será José Nespereira, todo un clásico neste deporte en Ribeira “que nos aportará ese grao de experiencia e sabiduría”.
Para rematar, animou aos aficionados a inscribirse e agradeceu a colaboración do Concello, a tódolos patrocinadores, ao Club de Remo da Pobra, ao Club Reventapistóns, ao GAEM e á Policía Local.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.