Friday 13 de June de 2025

Actos vandálicos no paseo de Mera e no paseo fluvial entre Nós e Iñás


O Concello de Oleiros lamenta os actos vandálicos rexistrados nos últimos días en distintos espazos públicos do municipio, que provocaron danos no mobiliario urbano e en infraestruturas municipais. No final do paseo de Mera, xunto á casa dos Miranda, foi arrincado e destruído un banco, ademais da rotura dunha papeleira. Así mesmo, na área recreativa do paseo fluvial entre Nós e Iñás, as casetas dos servizos públicos apareceron pintadas, deteriorando gravemente este novo espazo de uso comunitario.

Estas zonas son puntos habituais de encontro da mocidade, á que se lle fai un chamamento ao respecto e coidado dos espazos que o Concello pon á súa disposición. É imprescindible desfrutar destes lugares sen deterioralos, pois estes actos supoñen un custo económico para toda a veciñanza. O Concello de Oleiros rexeita calquera forma de violencia contra o patrimonio municipal e insiste na responsabilidade colectiva para manter o municipio en bo estado e garantir entornos seguros, limpos e accesibles para todas as persoas.

Deja un comentario