Friday 13 de June de 2025

A Xunta pon en valor o traballo do persoal sociosanitaria durante o segundo aniversario da Residencia de Raiola en Sada


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que o Executivo galego aposta por un modelo no que os maiores poidan escoller onde e como pasar esa etapa das súas vidas

 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no segundo aniversario da residencia Raiola de Meirás, en Sada. Alí, puxo en valor o traballo que realizan os profesionais sociosanitarios na atención e coidados das persoas maiores que pasan esa etapa das súas vidas nun centro residencial.

 

Antón Acevedo sinalou que as residencias de maiores son o segundo fogar dos usuarios que deciden ser atendidos nestes recursos específicos baixo o coidado de profesionais cualificados que poden dar resposta a cada unha das súas necesidades. Así, tamén fixo fincapé en que o seu traballo é fundamental tamén no eido persoal, acompañando ás persoas maiores e facendo ameno cada día.

 

O director xeral explicou que a Xunta de Galicia aposta por un modelo de coidados no que os maiores teñan a posibilidade de escoller onde e como queren ser coidados. Deste xeito, lembrou que se están impulsando diferentes medidas como a creación do Bono Coidado no fogar ou a posta en marcha de programas específicos de envellecemento activo.

Deja un comentario