
O alcalde, José Manuel Mato, cualifica o proxecto como “esencial” e apunta que o espazo dará servizo a toda a parroquia.
A parroquia de San Martiño de Cores conta xa cun novo aparcadoiro disuasorio. Tras o remate das obras realizadas polo Concello, o espazo está xa dispoñible para o seu uso. O alcalde, José Manuel Mato, incide en que con estas actuacións resólvese “unha demanda histórica”. Así, tal e como lembra o rexedor, “prometéraselles aos veciños e veciñas a disposición deste lugar de estacionamento, pero ningún goberno o chegou a facelo realidade”.
O espazo está situado nunha parcela municipal próxima á igrexa e ten capacidade para uns 90 coches. O primeiro edil explica que se trata dunha infraestrutura “esencial, demandada e que dará moito servizo a toda a parroquia”.
Antes da execución destas intervencións, o terreo non estaba urbanizado, polo que os traballos do Concello supuxeron o aplanado e recheo do mesmo e a pavimentación do firme con zahorra.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.