
O grupo de teatro adultos da Escola de Teatro Municipal do Concello de Oleiros representará este sábado 14 de xuño ás 20:30 horas a obra “O caso da muller asasinadiña”.
Esta obra pechará a programación de fin de curso da Escola de Teatro Municipal cuxo alumando deleitou ao público con representacións como “O Rei Maragato”, “Viva o teatro”, “As Pérez”, “Romeo e Xulieta” ou “Beetlejuice”.
O sábado 14, pecharase o curso 2024/2025 coa obra “O caso da muller asasinadiña” do grupo de adultos da escola de teatro. Trátase dunha adaptación da obra homónima de Miguel Mihura estreada en 1946 en Madrid e cuxo argumento amosa a dúas persoas que se aman pero que só poderán ser felices se morren á vez. Unha comedia de intriga na que soños, telepatía e videncia conviven con pantasmas do pasado que falan do futuro. Unha comedia poética na que, aínda que a situación de partida é amarga, a poesía e o sarcasmo visten o escenario de humor e tenrura.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.