Friday 13 de June de 2025

Más de 60 persoas participan en tres cursos formativos de mellora da empregabilidade


· Os talleres realizáronse durante a primeira semana de xuño no Polígono de Bergondo, e trataron sobre o manexo de carretilla elevadora, traballos en altura e uso de pa cargadora.

O Concello de Bergondo desenvolveu con éxito, durante a primeira semana de xuño, un plan formativo que contou coa participación de máis de 60 persoas. A iniciativa, impulsada co obxectivo de mellorar a empregabilidade e as competencias profesionais dos veciños e veciñas, incluíu tres cursos especializados: un de manexo de carretilla elevadora, outro de traballos en altura e un terceiro centrado no uso de pa cargadora, todos eles cunha duración de 8 horas.

As accións formativas, que combinaron contidos teóricos e prácticos, levaron a cabo nas instalacións do Polígono de Bergondo. Esta formación foi completamente gratuíta para os participantes, reafirmando o compromiso do Concello co impulso do emprego e a capacitación profesional a nivel local.

Deja un comentario