Wednesday 17 de September de 2025

Incendio nunha nave de reciclaxe de electrodomésticos no parque empresarial de Ordes


Os bombeiros do parque provincial de Ordes participaron esta mañá na extinción dun incendio nunha nave de reciclaxe de electrodomésticos sita no parque empresarial de Ordes.

Foi o propio persoal da empresa quen deu o aviso ás 09:00 horas. Ardeu unha esquina na que había almacenadas baterías e impresoras, afectando o lume ao peche lateral da nave e a cuberta desa zona.