
O Concello de Neda iniciaba hoxe a habitual campaña de control da vexetación espontánea en cunetas, noiros e plataformas das pistas e estradas de titularidade municipal. A finalidade da intervención non é outra que mellorar a seguridade de condutores e peóns, e minimizar o risco de incendios.
As tarefas contratadas consistirán na roza mecanizada de especies herbáceas, plantas, arbustos… que medran nas marxes das vías públicas da localidade, estreitando, nos puntos menos transitados, a súa plataforma, e reducindo a visibilidade das persoas usuarias deses camiños.
Durante as próximas semanas, un tractor con rozadora de brazo lateral porá a punto 60 quilómetros de camiños de acceso a lugares, dando prioridade a aqueles puntos con máis residentes. A zona entre Fábrica do Monte e A Silva foi o primeiros obxectivo.
Os traballos reforzarase proximamente coa incorporación dos tres peóns/peoas do APROL Rural, que se ocuparán, entre outras accións, das rozas a man naqueles tramos da rede viaria nos que sexa inviable realizar os tarefas con medios mecánicos.
O obxectivo do goberno local e da empresa adxudicataria dos traballos é ter a punto ao longo deste mes a totalidade das pistas que dan acceso a lugares habitados do municipio.
Ademais, en virtude do convenio subscrito con Medio Rural e Seaga, o Concello de Neda beneficiarase de actuacións en vías, cun máximo de 12 quilómetros durante este ano. Intervencións que se realizarán en camiños situados en zonas forestais.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.