Wednesday 18 de June de 2025

Chega a exposición colectiva A etérea fraxilidade humana, que integra a artistas vinculados a Carballo.


O acto de inauguración da mostra está previsto para o xoves 12 de xuño ás 21.00 horas no Pazo da Cultura
Un total de sete artistas de Carballo e da comarca de Bergantiños únense para artellar a exposición colectiva “A etérea fraxilidade humana”. Trátase dunha mostra que contará coa ollada de artistas ben coñecidos do panorama artístico que unen a súa creatividade arredor do mesmo leitmotiv. O público que se achegue a visitala atopará obras de Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMN (Maribel Castiñeira), Loli España, Jesús ArtÉxtasis e Mon Lendoiro. Ademais das obras individuais a exposición conta con instalacións colectivas e poemas de Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Xaquín Silva, Pura Tejelo e Jesús ArtÉxtasis.
O acto de inauguración terá lugar o xoves 12 de xuño ás 21.00 horas na Sala de Exposicións Alberto Gende situada no terceiro andar do Pazo da Cultura.
A cita contará coa amenización da soprano Susana de Lorenzo.
A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 17.30 a 20.30 horas até o 12 de xuño.
Esta actividade está organizada pola Concellaría de Cultura.

Deja un comentario