Wednesday 18 de June de 2025

O concello isntala puntos de lectura LGTBI nas bibliotecas municipais con motivo do mes do Orgullo


O obxectivo é ofrecer un espazo visible e accesible que contribúa á sensibilización, inclusión e respecto pola diversidade.

O Concello vén de poñer en marcha unha iniciativa para visibilizar a literatura con temática LGTBI nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión. Con motivo da celebración do Mes do Orgullo, habilitáronse puntos de lectura específicos que reúnen unha ampla selección de obras relacionadas con esa temática.

Os puntos de lectura inclúen títulos de poesía, narrativa e teatro dirixidos ao público infantil, xuvenil e adulto. O obxectivo é ofrecer un espazo visible e accesible que contribúa á sensibilización, inclusión e respecto pola diversidade, ademais de fomentar o achegamento á cultura LGTBI a través da lectura.
Estes puntos permanecerán dispoñibles durante todo o mes de xuño e poden consultarse libremente nas instalacións das tres bibliotecas municipais.

Os membros do Espazo de Participación Infantil e Adolescente (EPIA) tamén se implicaron na iniciativa, visitando o punto de lectura da biblioteca da Laracha para coñecelo de primeira man e facer propostas para mellorar e ampliar este tipo de accións no futuro.
Con esta actuación o Concello reafirma o seu compromiso coa igualdade, a inclusión e os dereitos das persoas LGTBI.

Deja un comentario