Monday 09 de June de 2025

#SenFiltros, seis obradoiros audiovisuais para crear unha canteira audiovisual en Ribeira


Hoxe tivo lugar a presentación dos Obradoiros Audiovisuais do Concello de Ribeira –#SenFiltros–, destinados á xuventude e programado pola concellería de Mocidade coa inclusión de seis obradoiros espallados polos meses de xuño e xullo na Casa da Xuventude.

 

Para a presentación acudiron, a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, Alba Pego, experta no audiovisual e docente dos obradoiros xunto co
técnico de Xuventude, Mario Vidal.

A concelleira recordou que na semana pasada se presentaron as actividades deportivas para o público xuvenil e as escolas náuticas cuxas
bases xa están publicadas na web e as inscricións xa están abertas; “e hoxe, presentamos esta nova actividade chamada #SenFiltros que serán seis xornadas de obradoiros audiovisuais que sen van a desenvolver tódolos sábados pola mañá na Casa da Xuventude a partir do vindeiro sábado 28 de xuño; as inscricións poden facerse a través das redes sociais de Xuventude (Instagram e Facebook) e tamén no correo xuventude@ribeira.gal”, informou a concelleira que finalizou animando á mocidade a apuntarse aos obradoiros audiovisuais.

O rango de idade recomendada para estes obradoiros é de 12 e 17 anos (será un rango flexible)

A docente dos obradoiros, Alba Pego salientou que estos obradoidos
“xorden coa intención de crear unha canteira audiovisual en Ribeira que podían complementar as diferentes actividades que hai de lecer durante no verán no noso Concello”.

Deja un comentario