
· O Concello habilitou un formulario en liña que os veciños e veciñas poderán cubrir ata o venres, 20 de xuño ás 14.00 horas.
AO Concello abriu hoxe, luns 9 de xuño, o período de solicitude para a realización de fogueiras en San Juan. Para axilizar os trámites, habilitouse un formulario en liña que xa está dispoñible na páxina web municipal. Os veciños e veciñas interesados deberán completalo antes do venres, 20 de xuño, ás 14.00 horas.
O Concello fixa unha serie de indicacións e límites para as fogueiras. Entre elas, especifícase que o lugar non debe supoñer un perigo para as persoas ou bens, non podendo, ademais, superar os 3 metros de ancho, alto e longo. Os solicitantes deberán, ademais, manter limpo un radio de 5 metros ao redor do lume e contar con algún medio para a extinción das chamas en caso de ser necesario. Por último, deberán deixar limpo o lugar nun prazo máximo de 24 horas desde o inicio do lume.
No formulario en liña, requírense datos do solicitante como o correo electrónico, nome completo, teléfono, dirección, parroquia, lugar onde se realizará a fogueira e dimensións da mesma, entre outros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.