
Os obradoiros de teatro municipais infantil e xuvenil rematan o curso con dúas representacións no teatro As Torres de Santa cruz o vindeiro sábado 14 de xuño.
Os grupos de teatro infantil e xuvenil dos Obradoiros do Concello de Oleiros estrean dúas pezas teatrais nunha mostra de final de curso co obxectivo de amosar o resultado dun proceso de traballo de creación colectiva no que nos queren falar das súas emocións, os seus problemas e as súas preocupacións e inquedanzas. Sempre aprendendo coas ferramentas que o teatro lles da.
Ás 11:30 horas, o Obradoiro infantil de teatro representará “As Emocións de Abril” e ás 13:00 horas será a quenda do Obradoiro xuvenil de teatro con “Tres historias adolescentes”.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.