
O grupo de Memoria Oleira, formado por 30 persoas dos talleres de memoria, continúan traballando neste proxecto do Concello de envellecemento activo. Este programa interxeneracional e creativo busca compartir coñecementos e inquedanzas das persoas o grupo a través de novos espazos de participación, formación e servizo á comunidade.
Neste mes encóntranse elaborando papel reciclado, secando as follas de papel que posteriormente decoraran con herbas e flores recollidas no xardín do museo e máis adiante encadernarán. No museo, as participantes forman parte de obradoiros para adquirir técnicas de olería e outras fórmula creativas que poden realizarse con herbas, para de aí trasladalas ás escolas para ensinarlles ás crianzas. Neste ano xa participaron nenas e nenos das escolas da Rabadeira e Juana de Vega
Hai xa dous anos que traballan sobre a temática relacionada coas herbas, recoller os propios coñecementos, adquirir novas habilidades e accións que transmitir á comunidade escolar: observar e identificar herbas nos muros do museo, obradoiros nas escolas sobre a natureza e uso das herbas, elaboración de pezas de barro usándoas como motivos decorativos, entre outras habilidades como a creación de cianotipos ou o seu uso como esencias para a elaboración de velas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.