Saturday 16 de November de 2024

Cambre organiza un curso práctico sobre cultivo ecolóxico


Voluntariado organiza un curso de formación práctico sobre o cultivo ecolóxico e a planificación nas hortas urbanas que terá unha duración de 60 horas lectivas divididas en 20 xornadas de 3 horas cada unha. Desenvolverase durante os meses de abril, maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 2016 e terá lugar na horta do proxecto
desenvolvemento do proxecto de acción voluntaria “Labrega Social” consistente na creación dunha horta comunitaria cuxa producción redundara na Despensa Municipal de Alimentos, na parcela sita en Graduil.

Tras tres anos de andaina, a participación de máis de 20 persoas voluntarias e a subministración de seis recolleitas á Despensa Municipal de Alimentos, as persoas voluntarias solicitaron ao Concello de Cambre a programación dun curso teórico – práctico sobre o cultivo ecolóxico e a planificación nas hortas urbanas.

O Concello de Cambre comezou por impartir un curso teórico o pasado 24 de outubro de 2015 e aprobado pola Resolución do concelleiro delegado de Benestar Social e Educación o pasado 21 de outubro de 2015. O curso desenvolveuse con normalidade na Residencia Universitaria Siglo XXI. Neste senso agora tócalle o turno ao o curso práctico sobre o terreo.
“Labrega Social”. Nun principio será os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

A temática recolle os principais coñecementos básicos en agricultura ecolóxica, recoñecemento do chan: estudo do perfil do chan, toma de mostras, determinación do PH, materia orgánica e textura. Tamén as ferramentas básicas para traballos na horta e usos (manuais e mecánicas), planificación da horta: orientación, distribución de bancais, elección de cultivos, asociacións e rotacións e os refuxios para animais útiles, construcción de niños.
Ademais, a preparación de semilleiros, preparación de bancais, sistema de rego por goteo, labores a realizar nos diferentes cultivos implantados: binar, escandar, amontear, podar, entutorado, recolección de froitos, rega,… E, por outra banda, tratarase o control de plantas adventicias, preparados de plantas insecticidas e vigorizantes, fertilización orgánica e sustentable: elaboración e posta en marcha de distintos composteiros e a elaboración dun calendario de sementeira e recolleita.

O número máximo de participantes será de 22 persoas. O curso irá destinado prioritariamente ás persoas voluntarias que xa están participando no proxecto “Labrega Social”, en segundo lugar a persoas voluntarias do Concello de Cambre que soliciten participar a partir do curso no proxecto “Labrega Social” e, por último, as prazas que queden libres serán para toda a veciñanza de Cambre con interese en participar no proxecto de acción voluntaria “Labrega Social”. Se hai máis solicitudes de veciños e veciñas de Cambre que prazas libres, se fará unha entrevista persoal, nunca data a confirmar, para valorar o grao de compromiso e motivación co proxecto de acción voluntaria.