Monday 09 de June de 2025

A gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar, e a escritora fenesa Paula Carballeira participarán este venres na II Xornada Literaria no Pote


Unha pequena feira do libro, con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias. Son os principais atractivos da II Xornada Literaria no Pote que se desenvolverá o venres 13 de xuño, a partir das 19 horas, nas instalacións da entidade de Maniños. O encontro, no que tomarán parte máis dunha vintena de autores e autoras, está organizado pola Concellería de Cultura de Fene, a SCRD O Pote e Aetna, coa colaboración da Asociación Galega de Escritores, Imprenta Sanesteban e Eroski.

A II Xornada Literaria no Pote contará coa presenza da escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira e da gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar. Ademais, participarán na feira do libro, vendendo e asinando exemplares dos libros publicados: Cova PL, Javier Regueira Serrano, Raquel Villanueva Lorca, Mayte Corbillón, Clara Ventura. Marta Seoane Pazos, Ismael Martínez Pérez, Tania Zaref, Teresa Cameselle, Andrea C. Ramallo Machín, Xosé Fernández, Soraya García Riveiros, Rubén Pedreira, Isabel Ramos Breijo, Sabela Cagiao, Teresa Chamorro, Micaela Barbeito, Reyes Pérez Rubio e Rocío Mañana Bouzón.

O programa arrincará ás sete do serán coa inauguración da feira do libro por parte da alcaldesa de Fene, Alejandra Permuy, que estará acompañada polo concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e representantes da ACRD O Pote, Javier Rodríguez, e Aetna, M.ª José García. A continuación haberá un coloquio con Iago Fandiño e Paular Carballeira. E, a partir das 20.15 horas, presentacións dos libros “Detective Ferruchi” (Premio Xerais 2024), de Marta Villar, e “O clan das Barbies”, de Antía Yáñez xunto coa escritora María Nieto.

Deja un comentario