Monday 09 de June de 2025

Excelente acollida ao festival “Neda en danza”


O tempo respectou, e Neda en danza puido ofrecer o sábado ao atardecer a súa mellor versión. O certame municipal, que aposta por sacar á rúa poderosas propostas de danza contemporánea galega, consolídase ao poucos, grazas á boa acollida do público e a un atinado cartel.

A contorna do albergue de peregrinos, ao pé da ría, converteuse en escenario de excepción para gozar dunha tarde máxica, na que brillou o colectivo Glovo co seu “Alleo”, sorprendeu Raquel Ferradás con “Mesura”, e chegou ao corazón o Colectivo DeXeito con “77.000”, a súa recreación da catástrofe do Prestige. Todo un tributo ao voluntariado que limpou as costas galegas. Tres propostas ben diferentes que trunfaron nunha cita cultural chea de plasticidade e de emocións.

Neda en danza, organizado polo Concello, contou nesta segunda edición co apoio da Rede cultural da Deputación.

Deja un comentario