Monday 09 de June de 2025

Camariñas celebra o Día dos Océanos co proxecto deportivo-educativo ‘Aprende a través do Surfing’


· Iniciativa para que escolares dende infantil a bacharelato fortalezan o vínculo co mar e aprendan a relacionarse mellor coa súa contorna.

· Camariñas é un dos 10 concellos que apostan por preservar o mar dende a educación dos seus estudantes a través desta iniciativa xunto a A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Muxía, Fisterra e Valdoviño.

Por quinta tempada consecutiva os escolares da provincia da Coruña participan no proxecto deportivo-educativo Aprende a través do Surfing, desenvolto pola asociación medioambiental sen ánimo de lucro Surf and Clean en parcería coa Federación Galega de Surf e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia (Xogade), Ecovidrio, MSC Pesca Sostible e tamén dos concellos onde se realizan as actividades.

Camariñas é un dos 10 concellos que apostan por preservar o mar dende a educación dos seus estudantes a través desta iniciativa xunto a A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Muxía, Fisterra e Valdoviño que grazas ó seu apoio fan posible a participación no proxecto de máis de dous milleiros de escolares da nosa provincia.

Os escolares, dende infantil a bacharelato, que participan neste proxecto aprenden a relacionarse mellor con elas e eles mesmos, coa demais rapazada e o máis importante: coa súa contorna. Precisamente un dos obxectivos clave do programa é fortalecer o vínculo coa mar, e a valorar a contorna que temos na nosa comunidade autónoma, xa qye ademais pode presumir de ter máis quilómetros de costa e un paraíso natural de ondas e praias salvaxes aínda preservadas.

En elas o alumnado pecha os ollos e escoita, ule e sinte a mar. En elas é máis sinxelo decatarse que a praia é un lugar antigo, dinámico e que partillamos con outros seres vivos, como os arroaces, as pillaras ou os bosques de laminarías. Un entorno a preservar.

Por iso dende abril máis de 2.300 escolares procedentes de 42 centros educativos pertencentes a 20 municipios da provincia, apañan refugallo das nosas praias e aprenden a conectar e coidar o mar a través do surfing.

Elas e eles son o noso futuro e xuntos, hoxe, celebramos ter unhas costas e un océano aínda cheos de vida.

Sobre Aprende a través do surfing en Galicia
Aprende a través do surfing é unha comunidade conformada por unha asociación sin ánimo de lucro nomeada Surf and Clean a Federación Galega de surf, 11 escolas de surf habilitadas para impartir o proxecto: Caión Surf House, Boaola Surf Escola, Art Surfcamp, Paua Surf, One Surf Academy, Ubuntulife, Surf Costa da Morte, Narea Surf Escola, Asolas no puntal, Zorlak surf escola e Valdo surf school, 42 centros educativos e 10 concellos da provincia da Coruña: A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Camariñas, Muxía, Fisterra e Valdoviño.

Aprende a través do surfing a nivel nacional desenvolvese tamén en: Andalucía, Illa de Menorca, Asturias e Castellón.

Surf and Clean é unha asociación nacional, con sede en Galicia, que busca visibilizar o problema que xera o lixo na mar e formar axentes de cambio que a través da cultura do surf axuden a mellorar e preservar a súa saúde.

Máis información en www.aprendeatravesdelsurfing.com ou nas súas redes sociais @aprendesurfing (instagram), @aprendeatravesdelsurfing (facebook).

Deja un comentario