Monday 09 de June de 2025

As Merendiñas, de novo un éxito de participación e amizade


Un ano máis, a Romaría das Merendiñas foi un rotundo éxito, tanto de participación como de convivencia e festa. Máis de 1.400 persoas maiores reuníronse no Parque das Torres de Santa Cruz para festexar esta romaría de reencontro e celebración que ten como protagonistas a veciñas e veciños de máis idade.

Tamén se evidenciou a viveza do tecido asociativo de Oleiros que participa na organización da romaría. O traballo das persoas voluntarias permite facer un tipo de festa único, prescindindo dos modelos habituais que se celebran en recintos pechados con cáterings, restando unha dose importante da convivencia e cariño que se respira nas Merendiñas.

Esta romaría non só ofrece xantar popular servido con agarimo polas persoas colaboradoras, senón tamén música en directo e moita charla, para poñerse ao día entre veciños e veciñas nun día divertido e variado.

Deja un comentario