
Felicita á entidade por poñer en marcha “un proxecto exitoso e de referencia, que combina gastronomía e inclusión”
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá o quiosco Down Experiencie, que a entidade Down Coruña ten aberto ao público na Praza de Ourense e no que traballan un grupo de persoas con discapacidade. Durante a súa visita, puido comprobar a oferta gastronómica que ofrece este establecemento e que o ten convertido en punto de referencia na cidade.
A conselleira, que estivo acompañada da delegada da Xunta en Coruña, Belén do Campo, e da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor esta iniciativa, que demostra a firme aposta de Down Coruña pola inclusión social e laboral. De feito, felicitou á entidade por poñer en marcha “un proxecto exitoso e de referencia, que combina gastronomía e inclusión”.
O quiosco Down Experience foi reinaugurado o pasado mes de abril tras a reforma realizada en colaboración coa cadea de panaderías Amasarte. Unha nova etapa na que o establecemento ampliou a súa oferta gastronómica, na que destaca o seu popular bocadillo de calamares.
A Xunta de Galicia colabora con Down Coruña a través das achegas con cargo ao 0,7% do IRPF e con axudas para a prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal para persoas con discapacidade. Esta colaboración supera os 130.000€ entre 2024 e 2025.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.