
Devandito funcionario, que ademais é o responsable da formación no veciño municipio de Oleiros, utilizou o seu posto de traballo para atacar á oposición.
Para o Grupo Municipal Popular é intolerable que un funcionario dedíquese a utilizar as instalacións municipais para criticar a actividade dos Grupos Políticos da corporación.
E consideran aínda máis penoso que o Portavoz local e concelleiro do Bloque Nacionalista Galego faga de palmeiro do anterior publicando en redes a fazaña.
“Desde logo ningún dos dous sabe nin onde está, nin onde vai, nin que é un concello e non respectan nada nin a ninguén” manifestou Esperanza Arias.
O Grupo Municipal Popular requirirá a intervención do alcalde, a apertura dun expediente ao funcionario e recriminará a actitude ao Portavoz do Bloque Nacionalista Galego no primeiro pleno ordinario no que poidan facelo.
“De todo o mundo é coñecido, porque ademais é de sentido común, que as dependencias municipais son comúns a todos os cidadáns e todos os grupos políticos e ninguén as pode converter en sede electoral da súa formación e que, ademais , os funcionarios deben de ser exquisitos e especialmente respectuosos con todos os concelleiros e grupos políticos que exercen a súa actividade no concello.”
Sentenciou a Portavoz do Grupo Municipal Popular
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.