Monday 09 de June de 2025

A Pobra continúa coa súa campaña de rozas de camiños de titularidade municipal


· O obxectivo é reforzar a seguridade viaria, garantindo unhas mellores condicións para o tráfico rodado e peonil.

A campaña de limpeza e control de biomasa en vías e camiños, nas rutas de sendeirismo e na zona do paseo do Areal continúa en marcha. Trátase duns traballos que a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, cualifica de “esenciais para pór a punto as vías camiños e lugares de esparexemento de cara á época estival”. As tarefas contan cun investimento próximo aos 100.000 euros e prolongaranse, previsiblemente, ata principios de xullo.

Por unha banda, o Concello está xestionando a biomasa nos camiños e vías de competencia municipal e nas estradas AC-305 e na AC-302. O obxectivo, neste caso, é reforzar a seguridade, garantindo unhas mellores condicións para o tráfico rodado e peonil. En paralelo, o Concello está acometendo tamén a limpeza na contorna do Areal e daa rutas de sendeirismo, lugares que contan cunha gran afluencia na época estival.

As tarefas están sendo executadas por dúas empresas locais, así como por persoal da Asociación Amicos. Entre os labores que se están levando a cabo están as rozas, o acondicionamento de zonas axardinadas e corte da herba e as tarefas de limpeza.

Deja un comentario