
O 9 de xuño é o Día Internacional dos Arquivos, e no Concello de Carballo queremos celebralo coa veciñanza. E por iso, por segundo ano consecutivo, organizamos unha xornada de portas abertas apta para todas as idades. Achégate este luns de 11.30 a 13.30 horas e coñece o noso arquivo!
Durante o Congreso Internacional de Arquivos celebrado en Viena no ano 2004, máis de 2.000 asistentes solicitaron á Organización das Nacións Unidas (ONU) a creación dun día internacional, e escolleuse esa data porque foi o 9 de xuño de 1948 cando a Unesco estableceu a creación do Consello Internacional de Arquivos, coa finalidade de defender a protección e conservación do patrimonio documental.
No arquivo municipal de Carballo poderás acceder a unha parte do noso patrimonio documental, integrado por documentos institucionais conservados desde séculos atrás pero tamén por fotografías ou obxectos procedentes dos legados de Alfredo Brañas ou Carlos O Xestal.
Se queres saber máis, bótalle unha ollada a este vídeo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.