Sunday 08 de June de 2025

O BNG de Culleredo en defensa do patrimonio público da Cros


Os terreos da Cros deben ser adicados á dotación de servizos públicos.
Pola súa situación estratéxica, poden dar servizo a unha importante área metropolitana, densamente poboada, que inclúe os concellos colindantes.
A cesión á CETIM sería un agasallo a unha entidade privada que factura varios millóns ao ano.

A cesión dos terreos públicos da Cros a unha entidade privada supón un menoscabo do patrimonio público. É un agasallo a un negocio privado que imposibilita o seu uso para dotar o noso Concello, e á súa contorna, duns servizos públicos dos que somos deficitarios e para o que pode optar a fondos públicos tanto estatais como europeos.

O Alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asegurou no último pleno a súa intención de avanzar na cesión dos terreos da antiga Cros, no Burgo, á CETIM. Hai un ano xa perdeu unha votación, para isto mismo, polos votos en contra de toda a oposición.

A CETIM é un centro tecnolóxico privado, tal e como recolle na súa páxina web, que declara un volume de negocios anual de 6 millóns de euros.

Os terreos da Cros localízanse ao pé do paseo marítimo do Burgo, nunha contorna privilexiada, densamente poboada, perto dos límites cos concellos de Cambre e Oleiros. Neles realizouse unha importante labor de descontaminación, financiada con varios millóns de euros provintes dos fondos públicos.

O BNG entende que eses terreos deben servir para mellorar os servizos públicos da veciñanza de Culleredo, tan deficitarios como son. Dada a súa situación, pode dar servizo ás poboacións de concellos limítrofes, nomeadamente Cambre e Oleiro.

Froito desa concepción do BNG foi a construción, no seu día, dun Centro de Día e dunha Escola Infantil públicos neses mesmos terreos. Posteriormente, os sucesivos gobernos municipais do PSOE presentaron distintas propostas a realizar nos mesmos (piscina, biblioteca, museo do automóbil…) que nunca se chegaron a materializar.

Deja un comentario