Sunday 08 de June de 2025

Mariñas Coruñesas atende e asesora a máis de 80 iniciativas no marco de solicitude das axudas LEADER 25/26


• Destinaranse un total de 433.614,12 euros entre os proxectos que resulten seleccionados entre os finalistas, que foron 24.

• De todos eles, 15 correspóndense con proxectos de tipoloxía produtiva, 6 de tipo non produtivo ideadas por entidades privadas e 3 de tipo non produtivo impulsadas por entidades públicas.

O equipo técnico de Mariñas Coruñesas, e tras vencer o prazo de presentación de solicitude de axudas LEADER 2025/2026, atendeu e asesorou un total de 82 iniciativas, das cales 24 foron finalmente presentadas en prazo.
De todas elas, 15 corresponden a proxectos de tipoloxía produtiva, 6 de tipo non produtivo ideadas por entidades privadas e 3 de tipo non produtivo impulsadas por entidades públicas.

Cabe destacar que é a primeira vez que se dispón de soamente un mes de prazo para presentarse a esta liña de axudas, xa que o habitual é que a convocatoria estivese aberta durante todo o ano.

Unha vez finalizada a fase de presentación, comeza a etapa de revisión, puntuación e baremación das solicitudes recibidas. Para as gañadoras, destinaranse un total de 433.614,12 euros, sendo o máximo que pode obter cada iniciativa 50.000 euros.
O presidente de Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, recalcou “o éxito total e rotundo que supuxo a convocatoria deste ano, xa que o noso equipo técnico ha asesorado, tratando de maneira individualizada, a un total de 82 promotores”, argumentou Santiso, quen destacou que “o investimento estimado entre todas as propostas superas os 1,5 millóns de euros, para que nos deamos conta e poñamos en valor a relevancia desta liña de axudas”.

Hai proxectos moi interesantes e oxalá poidan ver a luz, a condición de que se cumpran todos os criterios técnicos e administrativos, o número máximo”, sinalou, tendo en conta que quixo “dar as grazas a todo o equipo humano da Reserva de Biosfera, sen o cal non seriamos a referencia que somos hoxe en día.”

Os fondos LEADER son unha iniciativa da Unión Europea enmarcados na Política Agraria Común e financiada a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase dunha ferramenta para impulsar a expansión económica e social da periferia coa finalidade de involucrar activamente ás sociedades locais na toma de decisións e a implementación de proxectos que aborden as súas necesidades específicas.

Deja un comentario