
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá a sede da Asociación de Dano Cerebral Coruña para coñecer os proxectos nos que está traballando esta entidade.
Neste sentido, Begoña Abeijón lembrou que a Xunta e Dano Cerebral Coruña levan anos traballando xuntos para mellorar o día a día das persoas con dano cerebral. Deste xeito, só no último ano o Executivo galego achegou máis de 190.000 euros de axudas do IRPF para a execución de novos programas de atención e para a construción da nova residencia da entidade, ao tempo que tamén destina outros 197.000 euros para financiar unha decena de prazas no seu centro de día.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.