Saturday 07 de June de 2025

O mercado de San Agustín acolle esta fin de semana o Mercado Mar de Mares con actividades gratuítas para todos os públicos


Os días 7 e 8 de xuño, o recinto acollerá postos de venda, degustacións e actividades gratuítas para todas as idades arredor da cultura e sustentabilidade do mar

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou esta mañá na inauguración do Mercado Mar de Mares, que abrirá as súas portas á cidadanía durante os días 7 e 8 de xuño no mercado municipal de San Agustín.

O Mercado Mar de Mares é unha das actividades máis consolidadas do festival do mesmo nome que se celebra na nosa cidade ata o día 15 de xuño e que nos seus doce anos de andaina converteuse nun evento de referencia no noroeste para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social.

Neira subliñou que “o recinto municipal de San Agustín é o mellor escenario para acoller esta iniciativa“ e destacou o respaldo do Goberno de Inés Rey a un Festival “que ofrece unha mirada ampla e ao tempo exhaustiva sobre o mar que nos rodea e fainos únicos”.

Durante dous días, o Mercado Mar de Mares ofrecerá a posibilidade de comprar e degustar produtos relacionados co mar e actividades para todos os públicos como showcookings, talleres, conferencias, concertos e moitas máis actividades para todos os públicos.

O sábado 7 o mercado estará aberto de 11 de 21:00 horas e o domingo de 11:00 a 19:00 horas.
As actividades son gratuítas e as persoas interesadas en participar poden inscribirse no espazo mar de Mares habilitado no propio mercado, salvo para o showcooking de Moncho Méndez, para o que haberá que inscribirse na web do festival.
Esta iniciativa conta co respaldo institucional como mostra do compromiso municipal coa promoción da cultura mariña e o apoio a propostas que fomentan a sensibilización ambiental. No marco da aposta do Goberno de Inés Rey por facer da Coruña unha cidade referente en sostibilidade, educación ambiental e dinamización dos espazos públicos, eventos como o Mercado Mar de Mares consolidan a súa presenza no calendario coruñés.

Más información en MDM2025 – Festival Mar de Mares

Deja un comentario