
A Secretaría de Organización da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago informa que, unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, só se rexistrou unha proposta para a Comisión Executiva Municipal da agrupación, encabezada polo actual secretario xeral, Aitor Bouza.
Esta elección enmárcase dentro dos procesos de renovación que comezou o Partido Socialista dende o Congreso Federal.
A súa proclamación formal terá lugar no marco da Asemblea Extraordinaria que se celebrará este sábado, ás 11:00 horas, na sede da agrupación socialista en Santiago.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.