
A Concellería de Turismo de Ribeira anunciou no día de hoxe o lanzamento dun novo produto turístico chamado “Camiño a Valverde”, á presentación acudiron, o segundo tenente de alcalde e tamén concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta máis a responsable de Mimarte, Tania Fuegho.
Suárez-Puerta falou do innovador xogo de rol en vivo (LARP, polas súas siglas en inglés) que se desenvolverá no Parque Natural de Corrubedo. Este evento combina a aventura, a interpretación de personaxes lexendarios “e a exploración da contorna natural nunha experiencia única e inmersiva para todos os participantes poñendo en valor a cultura e as nosas lendas”.
O concelleiro informou que se van a presentar 30 prazas para que poidan xogar divididos en 5 grupos distintos, terá unha duración de 3 horas – de 11:00 a 14:00 horas–, asemade Suárez-Puerta invitou a toda esa xente que se queira apuntar; “que interiorice a personaxe que se lle vai a asignar tanto no propio xogo coma no súa vestimenta”.
O Camiño a Valverde convida aos participantes a experimentar a lenda de Valverde, a través de personaxes nun escenario real. Sen un guión ríxido, os xogadores poderán interactuar, tomar decisións e vivir unha aventura auténtica nunha contorna que fomenta a creatividade, o traballo en equipo e o contacto coa natureza.
O Camiño a Valverde realizárase en colaboración Espazo Creativo e Escola de Artes Escénicas Mimarte, o día 12 de setembro a partir das 11h, no marco da programación das festas de Santa Uxía, ofrecendo unha oportunidade perfecta para que, tanto turistas como residentes, descubran a lenda de Valverde e a riqueza natural e cultural de Ribeira, promovendo un turismo responsable e enriquecedor.
Colomer rematou convidando a toda a veciñanza e aos amantes do rol en vivo a sumarse a esta aventura que combina diversión e natureza.
Información: Axenda Turismo de Ribeira: https://turismo.ribeira.gal/axenda
Inscricións: OMIT (Oficina Municipal de Turismo de Ribeira situada no Malecón de Ribeira), no 981873007 ou a través de turismo@ribeira.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.