Saturday 07 de June de 2025

O alumnado do CEIP Valle Inclán crea un mural de 325 m² dirixido polo artista internacional Erb Mon


Un total de 467 nenos e nenas do CEIP Valle Inclán participan este curso nun proxecto artístico colaborativo que converte o peche perimetral do centro nun espazo creativo. A iniciativa, promovida pola ANPA e guiada polo recoñecido artista internacional Erb Mon, especializado en murais de gran formato, deu como resultado un mural de 325 metros cadrados inspirado na natureza.

A obra, que se estende ó longo da avenida Valle Inclán e a rúa Anduriñas, non só ten un valor estético, senón tamén educativo e social. O proxecto ten como obxectivos principais fomentar a creatividade do alumnado de infantil e primaria, promover o coidado do espazo común e achegar a expresión artística ó conxunto da comunidade educativa. O Concello de Oleiros agadécelle á Xunta Directiva da ANPA a súa colaboración para seguir desenvolvendo este tipo de iniciativas, que contribúen á promoción dun ensino público de calidade.

Deja un comentario