
• O prazo para a presentación de solicitudes estará en vigor ata o próximo 16 de xuño.
O Concello de Miño abriu un proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de técnico de Turismo, como persoal laboral fixo descontinuo.
A praza cubrirase mediante concurso-oposición en quenda libre, e terá unha duración anual de seis meses de actividade en xornada completa.
Entre as funcións asignadas ao posto atópanse o deseño e execución do Plan Turístico Municipal, a organización de actividades de promoción turística tanto dentro como fose do municipio, a coordinación con outras administracións e axentes do sector, así como a xestión da Oficina de Información Turística. Ademais, a persoa seleccionada será responsable da elaboración de materiais de divulgación, a participación en eventos do ámbito turístico, a tramitación de subvencións e o desenvolvemento de iniciativas de calidade como as certificacións Q ou as bandeiras azuis.
As persoas interesadas en participar deberán cumprir os requisitos xerais para o acceso ao emprego público e estar en posesión de titulacións relacionadas co ámbito turístico ou humanístico, como Técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Diplomatura ou Grao en Turismo, Historia da arte, Humanidades, Xeografía, Historia, ou titulacións equivalentes ou homologadas.
O prazo para a presentación de solicitudes manterase en vigor ata o próximo día 16 de xuño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.