Saturday 07 de June de 2025

A gala final da XXXIV Mostra de Teatro Escolar celebrarase este venres no Fórum Metropolitano con actuacións e entrega de recoñecementos ao alumnado participante


O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, asistirá ao acto, que comezará ás 17:30 horas e recoñecerá o traballo de máis de 400 estudantes de 16 centros educativos da cidade

O Fórum Metropolitano acollerá este venres, 6 de xuño, a gala final da XXXIV Mostra de Teatro Escolar da Coruña, un acto que servirá de peche e recoñecemento ao traballo realizado por máis de 400 alumnas e alumnos de 16 centros educativos da cidade. O evento dará comezo ás 17.30 h e contará coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

A gala supón o colofón dunha edición que se desenvolveu entre abril e maio e na que participaron 25 grupos escénicos de 16 centros de ensino. Durante o acto entregaranse os diplomas e os premios outorgados polo xurado da Mostra, composto polos actores e directores Ramiro Neira e José Leis e pola técnica municipal Ana Judel.

Os premios por categorías educativas son os seguintes:
● Educación infantil (recoñecemento ex aequo):
○ “Hércules”, da Escola Infantil Municipal Luís Seoane
○ “How I became a pirate”, do CPR Obradoiro
● Educación primaria:
○ “Felipe ten gripe”, do CEIP Sal Lence
● Educación secundaria:
○ “Ulises”, do IES Agra do Orzán
Ademais, o xurado concedeu as seguintes mencións especiais (sen dotación económica):
● Mellor espazo escénico: “Revoltamente”, do CPR Santo Domingo
● Mellor vestiario: “Lingua de lata”, do CEIP Víctor López Seoane
● Mellor texto orixinal de creación colectiva: “Fuga en el insti”, do CPR Fogar de Santa Margarida
● Mellor interpretación musical: “Ciclón”, do CPR Santo Domingo
● Mellor creación escénica en inglés: “The hotel for bugs”, do CEIP Víctor López Seoane

Para cada unha das categorías deste concurso estableceuse como premio un cheque por valor de 100€ para cada un dos grupos gañadores. Coma na categoría Infantil outorgase o premio “ex aequo” a dous grupos participantes, o premio será dun cheque de 50€ para cada grupo gañador.

Programa da gala final | Fórum Metropolitano – Venres, 6 de xuño
● 17:15 h – Apertura de portas
● 17:30 h – Inicio da gala e entrega das mencións especiais
● 17:45 h – Representación dos grupos de infantil da EIM Luís Seoane e CPR Obradoiro, e
entrega de diplomas
● 18:30 h – Reapertura de portas ao público
● 18:35 h – Representación do grupo de primaria do CEIP Sal Lence, e entrega de diplomas
● 19:00 h – Reapertura de portas ao público
● 19:05 h – Representación do grupo de secundaria do IES Agra do Orzán, e entrega de diplomas
● 19:50 h – Peche institucional da gala a cargo do concelleiro Juan Ignacio Borrego

A Mostra de Teatro Escolar enmácase no programa de actividades complementarias promovido polo Goberno de Inés Rey, consolidándose como unha das accións máis recoñecidas no ámbito educativo local. A iniciativa favorece a participación activa do alumnado en proxectos escénicos, promovendo valores como a cooperación, a expresión artística e a aprendizaxe compartida.

Deja un comentario