Tuesday 22 de July de 2025

López Campos aborda co alcalde de Malpica colaboracións co concello de materia de cultura, patrimonio, xuventude e dinamización do galego


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do municipio coruñés de Malpica, Eduardo Parga, para coñecer de primeira man as necesidades do concello nas áreas da súa competencia e analizar posibles colaboracións ao respecto.

Con este obxectivo, durante a reunión, o representante da Xunta interesouse por cuestións relacionadas coa posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura, con propostas para o impulso da lingua galega e tamén con aquelas encamiñadas ao apoio á mocidade deste municipio da Costa da Morte. Deste xeito, López Campos continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas materias.