Saturday 07 de June de 2025

O Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns reúne na Coruña aos campións olímpicos da disciplina


Este sábado a partir das 17.00 horas disputarase a que é considerada a mellor competición do mundo desta disciplina

Este sábado, a partir das 17.00 horas, A Coruña convértese no epicentro da marcha atlética mundial coa disputa do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns – Trofeo Sergio Vázquez. Trátase da proba máis importante do mundo desta disciplina e contará coa participación dos actuais campións olímpicos, ademais de representantes de 24 países dos cinco continentes.

A máxima atracción desta 38 edición será, sen lugar a dúbidas, a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez, quen lograba o título olímpico na capital francesa na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata sobre os 20K, e que ademais ven de proclamarse fai unha semana, campioa de Europa nos 20 quilómetros.

A delegación chinesa coma sempre será unha das máis numerosas en Cantones. Ata Coruña desprazase un total de 23 marchadores/as liderados pola campioa olímpica en París Jiayu Yang, xunto á cal, virá unha das atletas máis lembradas e queridas en Cantóns, Liu Hong quen protagonizaba na edición do ano 2015, o récord do mundo sobre a distancia dos 20 quilómetros.

A maiores, entre a relación de participantes destaca na categoría feminina a presenza da campioa olímpica italiana en Tokio Antonella Palmisano así como a do sub campión olímpico en Paris Caio Bomfin de Brasil. Completan, entre outros, esta lista internacional, o medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio Evan Dunfee, de Canadá; a bicampioa mundial en Eugene 2022 -e gañadora en Cantóns nas dúas anteriores edicións- Kimberly García, do Perú; o Campión de Europa do presente ano Massimo Stano, de Italia, ou a do marchador español sub campión de Europa Paul Mcgraft, entre outros Categoría Oro

O Gran Premio Cantones, forma parte da World Walking Tour 2025 que se celebra a nivel mundial polas principais cidades do mundo en 23 probas. En función da categoría, existen varios niveles no que o máximo é a categoría ouro da que forma parte a proba coruñesa desde os seus inicios. Xunto A Coruña están nesa máxima categoría as cidades de Taicang (China), Dudince (Eslovaquia), Río Maior (Portugal) Varsovia (Polonia), Podebrady (Rep. Checa) e Madrid.

A marcha galega representada polos seus principais valores

Outro dos focos importantes de atención neste certame será a presencia dos irmáns Antía e Dani Chamosa, que recentemente protagonizaban un extraordinario campionato de Europa de marcha contribuíndo decisivamente a que, por países, España lograra en ambas categorías o sub campionato continental.

En concreto Daniel, lograba a sétima posición cun novo récord galego na proba dos 35 quilómetros con 2h.27:56, o que ademais representa marca mínima de participación para os Mundiais de Tokio. Pola súa banda Antía, nunha gran actuación, lograba nada menos que a cuarta posición constatando as súas xa claras opcións de loitar directamente polos metais en calquera cita a nivel internacional.

Deja un comentario