Saturday 07 de June de 2025

A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Cabío-Lombiña


· A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, asistiu, onte, ao acto de entrega destes distintivos.

A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Cabío-Lombiña. A concelleira de Turismo, Esfanía Ramos, acudiu onte á entrega de distintivos, que tivo lugar en Ponteceso, e avanzou que este elemento se colocará “nas próximas semanas, coincidindo co inicio da tempada de verán”.

Como explica a edil, este recoñecemento outórgase en base “a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos”, e dá conta do “esforzo que realizamos desde o Concello para garantir que as praias da Pobra, un dos principais reclamos turísticos, estean nas mellores condicións posibles para recibir aos veciños e veciñas e visitantes”.

Neste sentido, Ramos apunta que a de Cabío-Lombiña destaca pola calidade das súas augas, situación e “polos servizos que ofrece”. Entre eles, dispón de paseo marítimo, zona de estacionamento, posto de salvamento, parque infantil, baños públicos, restaurantes e empresa de actividades náuticas.

Deja un comentario