
Tras meses de demandas do Concello e unha última advertencia a pasada semana para efectuar a demolición nun prazo de 48 horas, o Arcebispado iniciou esta mañá a eliminación do muro que se atopaba en serio risco de derrubamento sobre a beirarrúa na rúa Dolores Ibárruri. O Arcebispado terá que asumir tamén os gastos derivados do valado da zona que efectuou por precaución o Concello.
Ademais do perigo para a cidadanía, estábase impedindo o tránsito de peóns e invalidando numerosas prazas de aparcamento.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.