
A alcaldesa supervisou o inicio dos traballos, que suporán a ampliación de beirarrúas e renovación do firme entre Almirante Cadarso e Almirante Eulate
O Concello da Coruña iniciou hoxe as obras de mellora na rúa Julio Rodríguez Yordi, na contorna de Riazor. A intervención céntrase no treito comprendido entre Almirante Cadarso e Almirante Eulate, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza. A alcaldesa, Inés Rey, achegouse esta tarde á zona para supervisar o inicio dos traballos, acompañada pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, e por veciños e veciñas da rúa.
Durante a visita, Rey destacou a importancia desta actuación: “Este tipo de obras son fundamentais para construír unha cidade máis accesible, cómoda e pensada para as persoas.”
Explicou que a actuación busca unificar esteticamente a rúa, ampliar os espazos peonís e garantir un ancho homoxéneo das beirarrúas, facilitando así o tránsito de persoas con mobilidade reducida.
En concreto, as beirarrúas pasarán de menos de metro e medio a máis de dous metros de ancho, sen afectar ás prazas de estacionamento. Tamén se mellorará o paso peonil con Almirante Eulate, incorporando pavimentos diferenciados e losetas podotáctiles para persoas con discapacidade visual, e acruarasw nas tres ruelas existentes que conectan Julio Rodríguez Yordi con María Luisa Durán Marquina. Ademais, renovaranse a rede de augas residuais, os pozos de recollida de pluviais e o firme da calzada con formigón.
A actuación, que conta cun investimento de 218.000 euros, enmárcase na estratexia do Goberno municipal de Inés Rey de mellorar os barrios da cidade: “Estamos a cumprir co compromiso de mellorar os barrios, atendendo ás necesidades e demandas reais da cidadanía” sinalou a alcaldesa.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.