Friday 22 de November de 2024

O pleno municipal aproba por unanimidade destinar 13.351 euros do PAI 2016 a amortizar a débeda bancaria do Concello de Frades


O pleno municipal do Concello de Frades aprobou esta tarde por unanimidade adherirse ao Plan de Aforro e Investimentos (PAI 2016) da Deputación da Coruña para amortizar o único préstamo bancario que ten pendente o municipio e que ascende a 13.351,92 euros. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que “deste xeito amortizamos o préstamo bancario que temos e aforraremos os intereses, xa que a devolución faise en dez anos e sen xuros. Deste xeito o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero”.

Roberto Rey explicou que Frades tiña dereito a solicitar ata 172.000 euros ao abeiro do PAI 2016 pero lembrou que “se trata dun préstamo da Deputación, non dunha achega para investimentos”. Neste sentido, indicou que o Concello de Frades solicitou canda Mesía 120.000 euros ao Fondo de Compensación Ambiental para mantemento e arranxo das áreas recreativas; así como outros 40.000 euros a Vicepresidencia da Xunta para a construción dunha piscina infantil, que se construiría a carón da actual piscina municipal de Papucín.