Friday 06 de June de 2025

Constituída a Comisión Informativa Especial de Seguimento do proceso de licitación do Servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos 


O Concello da Coruña constituiu esta mañá a comisión Informativa Especial de Seguimento do proceso de licitación do Servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, acordada polo PSdeG e o BNG no Pleno do 13 de marzo de 2025. O obxectivo da comisión é facer seguimento do proceso de licitación do Servizo de tratamento e eliminación de resíduos sólidos urbanos toda vez que o goberno xa enviou os pregos ao Organismo Nacional de Evaluación (ONE). Os integrantes da comisión serán por parte do grupo socialista, José Manuel Lage, por parte do PP, José Ramón Amado e por parte do BNG Francisco Jorquera.

Deja un comentario