Friday 06 de June de 2025

Os maiores do centro sociocomunitario de Frades celebran unha festa de fin de curso


Os maiores que participan nas actividades gratuítas anuais do centro sociocomunitario de Frades veñen de celebrar unha festa de fin de curso, que tivo lugar no propio local emprazado en Ponte Carreira. Os maiores desfrutaron dunha mañá de ocio na que estiveron acompañados polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, quen aproveitou para coñecer as súas impresións sobre o programa de actividades deseñado polo Concello de Frades no curso 2024-2025.

Unha programación que incluía obradoiros de memoria e ximnasia, así como cursos de manualidades, cociña e pintura, así como momentos para o café e a tertulia. “Temos un centro sociocomunitario que queremos que teña un uso diario, que non estea parado e sexa aproveitado polos veciños e veciñas de Frades”, explica Manuel Ferreiro, quen salienta tamén “a boa acollida que tiveron as actividades puntais que programamos ao longo do ano para completar a oferta lúdica”.

Deja un comentario