Monday 25 de November de 2024

Santa Cruz de Montaos acolle a primeira cita coas estrelas


Os veciños e veciñas da parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos desfrutaron onte da primeira xornada de ‘Observando o cosmos’. En total acudiron preto de 30 persoas que aprenderon todo tipo de curiosidades relacionadas coa astronomía. A través dun gran telescopio puideron ver en todo o seu esplendor unha lúa en cuarto crecente, ademais de galaxias e estrelas.
‘Observando o cosmos’ desenvólvese por distintas parroquias e vai sempre da man de verdadeiros expertos. Entre outros colaboradores están o Ministerio de Industria e Competitividade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.