Thursday 05 de June de 2025

A campaña “Agresión off, eu digo non á violencia sexual” chegou ao IES Agra de Leborís


Participou o alumnado de 2º e 3º da ESO.

O IES Agra de Leborís acolleu unha xornada da campaña Agresión off, eu digo non á violencia de xénero que se está a desenvolver de xeito itinerante por concellos de toda Galicia por iniciativa da Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección xeral de Loita contra a violencia de xénero.

O programa ten por obxectivo informar sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual, dotando aos participantes da información precisa para axudarlles a previla, detectala e combatela.
Mediante a realización de actividades e xogos interactivos e participativos, preténdese sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións persoais como sociais, facendo fincapé na mocidade. Ademais, promóvense modelos de relación afectivo-sexuais baseados no respecto e na tolerancia para erradicar os prexuízos baseados nos roles de xénero.

Ao longo de toda a xornada lectiva no IES Agra de Leborís participou na campaña Agresión off, eu digo non á violencia de xénero o alumnado de 2º e 3º de ESO repartido en nove grupos. Ao estar exposta no patio, durante os recreos tamén se achegou alumnado do resto dos cursos para recibir información. Tanto o monitorado que estivo ao cargo do programa como o propio Instituto valoraron a excelente participación e o carácter atractivo das actividades que se levaron a cabo.

Deja un comentario