Thursday 05 de June de 2025

Ribeira celebrará o Día da Bici o vindeiro 15 de xuño


· O prazo para anotarse remata o xoves 12 de xuño ás 12.00 h.

O domingo 15 de xuño, a Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira, vai organizar o tradicional “Día da Bici”.

Á presentación de hoxe asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vídal xunto ás concelleiras de Cultura e Educación, Juan Santos, responsable do Club Saltamontes e os técnicos de deportes do Concello de Ribeira. Vidal sinalou que é unha actividade lúdico-recreativa, “aberta a persoas de tódalas idades, na cal se intenta fomentar e reivindicar o uso da bicicleta”.

A actividade vaise a concentrar na praza de España, a retirada de dorsais será a partir das 10:00 h da mañá para dar paso a saída ás 11:00 h. que fará un percorrido urbano ao redor de 5 kms.

Haberá inchables para os nenos e nenas, un avituallamento e sorteos. O concelleiro recordou que “será obrigatorio o uso de casco e levar as bicicletas nas mellores condicións posibles”. Vidal falou do obxectivo desta actividade, “que os máis novos se vaian familiarizando con este medio de transporte, tamén unha aposta pola saúde, a practica deportiva, o medio ambiente e pola mobilidade sostible”.

Para finalizar o concelleiro, agradeceu a implicación no evento do Club Saltamontes, ao GAEM e a Policía Local e ás tendas Sport BiKe e Dalle ao Pedal pola súa colaboración, ademais de “animar á veciñanza a participar nesta festa da bici”.

Por outra banda Juan Santos do Club Saltamontes recomendou seguir as normas do evento ”para gozar do día coa máxima seguridade”.

Para facer a inscrición, no formulario web: https://forms.gle/ttihhZV8ZKZ4yGuk7 ou entrando na web do concello.

Deja un comentario