Saturday 16 de November de 2024

Arranca o curso para a obtención do carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios


Terá unha duración de 25 horas de carácter presencial e participan preto de 30 veciños e veciñas

O Concello de Ordes iniciou onte o seu curso de manipulador de fitosanitarios, no que participan preto de 30 veciños e veciñas. As clases teñen lugar nos baixos da Alameda e terán unha duración de 25 horas e será de carácter presencial. Nesta primeira sesión non faltaron os concelleiros José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez, ademais da responsable municipal da Oficina de Emprego.

Con esta medida o Concello de Ordes dá resposta a unha demanda plantexada por moitos e moitas habitantes da zona, que cada día se atopan con problemas para a adquisición e a utilización deste tipo de compoñentes destinados aos cultivos e á actividade agraria e gandeira. De feito no pasado mes de febreiro o pleno municipal ao completo estivo de acordo tamén en continuar con programas e iniciativas formativas para a obtención do carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios Básico Nesta sesión a voceira do Goberno Local, Susana García, amosou o apoio de todo o seu grupo para solicitar e traballar en prol da continuidade do plan formativo continuo levado a cabo no 2015 pola Xunta de Galicia. Un programa que inclúe cursos e liña polos que se pretende seguir apostando.