Thursday 05 de June de 2025

Ribeira presenta un variado número de actividades deportivas por mar e terra para o verán 2025


· Inscricións do 9 ao 13 de xuño

· Cada persoa poderá solicitar praza en tódalas actividades que lle sexan de interese

O fin de curso vai chegando ao seu fin, se o venres pasado presentamos o prazo para a inscrición nos Campamentos de Conciliación do Verán 2025, hoxe presentamosas Actividades Deportivas para o Verán 2025.

No día de hoxe asitiron á presentación, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e os técnicos municipais de Deportes e Xuventude.

O concelleiro anunciou que se vai a contar con oito escolas en terra; “baloncesto, nada e corre, pádel, patinaxe, psicomotricidade, tenis, voleipraia e xadrez, aparte das actividades náuticas”. Vidal salientou que con estas actividades deportivas “intentamos cubrir o ocio da xente máis nova e da mocidade de Ribeira a través do deporte ao longo de todo o verán”. Xabier animou a inscribirse e “gozar dun verán de lecer e deportivo”, e rematou informando sobre o número de prazas coas que contan as actividades de terra, “ao redor de 330 prazas cun prezo de inscrición de 18,60 euros”. Vidal pasou a palabra a Alberte que presentou a oferta das actividades náuticas: iniciación á vela, iniciación ao surf, windsurf, paddel surf e kaiac, “no que o requisito esencial é saber nadar”. As actividades acuáticas están indicadas para nenos nados no rango 2006 e 2016, os prezos son asumibles; o de vela será de 25 euros mentres que os demais serán de 50 euros.

A concelleira informou sobre as localizacións das actividades, as clases de surf se impartirán na praia do Vilar e na Ladeira, e o curso de iniciación de windsurf, paddle surf ou kaiac na praia de Coroso.

As prazas definitivas sairán o 23 de xuño, a data límite para facer o pago será o 30 de xuño.

A concelleira agradeceu aos técnicos de deportes e xuventude “por estas propostas que nos traen que sen o seu traballo, non sería posible ter esta gran variedade de actividades.”

Deja un comentario