
• O Concello logra unha axuda da Xunta para cofinanciar a actuación
O Concello de Abegondo ultima as obras de reforma da piscina municipal, unha instalación ao aire libre que ten un elevado uso durante o verán. De feito, este mes de xuño abrirá xa como é habitual ao termo do curso coas súas novas prestacións.
En concreto, a actuación consiste na rehabilitación integral dos dous vasos que conforman a instalación. Cos traballos, instálase unha membrana armada de dúas capas de alta calidade de PVC, reforzada cunha malla de poliéster tecida.
Esta material conta con gran capacidade de estanqueidad e presenta un tacto agradable. É compatible cos produtos para o tratamento da auga e protexido contra os aceites e raios ultravioleta. Así mesmo, tamén facilita a súa limpeza e mantemento.
Ademais, tamén leva a cabo un forrado especial do desaugadoiro de todo o vaso. As embocaduras e desaugadoiros son substituídos por elementos novos. Así mesmo, dentro da intervención leva a cabo unha revisión do sistema de depuración e os elementos da sala de máquinas, como circuítos e motores.
A accesibilidade é outro dos aspectos que se incrementará. A piscina contará con escaleiras de acceso pola zona máis profunda para facilitar a entrada.
A actuación supón un investimento de 47.000 euros. Para o financiamento, o Concello logrou unha axuda da Xunta de Galicia de 32.984,30 euros, dentro da liña de subvencións para a mellora de equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
O alcalde, José Antonio Santiso, destaca que a instalación presentaba a deterioración propia do seu uso e por iso considera que rehabilitación “é moi necesaria”. O rexedor agradece a colaboración da Xunta para levar a cabo unha obra “esencial para un equipamento deportivo que cada verán acolle un diario uso recreativo e de impartición de cursos de natación”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.