
• Para a súa instalación tómase como referencia a localización dos niños en anos anteriores, onde se detectaron 284 avisos no ano 2023 e 168 avisos no 2024.
• Un dos eixos deste proxecto é o trampeo xeolocalizado, planificado e controlado para combater con máis eficacia desta praga.
O Concello de Ortigueira vén de adherirse á campaña de loita contra a avespa velutina da Xunta de Galicia. Así, o Seaga está a instalar as 152 trampas no municipio ortegano, tomando como referencia a localización dos niños en anos anteriores onde se detectaron 284 avisos no ano 2023 e 168 avisos no 2024.
Un dos eixos deste proxecto é o trampeo xeolocalizado, planificado e controlado para combater con máis eficacia este insecto. Este trampeo, que atende a unha das principais demandas do sector, permite facer un seguimento e estudar a evolución cos datos recolleitos.
Este plan, coordinado por parte de todos os axentes implicados, leva a cabo un seguimento exhaustivo da evolución das trampas, con revisións cada 15 días para actualizar os datos e repoñer o líquido.
Esta campaña tamén integrou outros compoñentes como charlas formativas organizadas co fin de informar sobre a expansión da avespa velutina e trasladar a importancia de elaborar unha fronte común entre toda a sociedade. Nelas explícase como actuar en cada caso e danse indicacións sobre como se está levando a cabo o trampeo.
O goberno local tamén insta a todos os veciños e veciñas a contactar co Teléfono de Atención e Información á Cidadanía (012) cando se detecte un niño de avespa velutina, co obxectivo de loitar en conxunto contra esta praga.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.