Friday 06 de June de 2025

As Somozas celebra o 21 de xuño unha gran xuntanza de San Xoán


• O Campo da feira de Seixas acollerá desde as 20:30 horas esta celebración, que contará con cea popular, fogueira, queimada e unha actuación musical de Vanesa Ramil.

• Aquelas persoas que estean interesadas en sumarse á cea deberán facer a súa reserva antes do 15 de xuño a través do número de teléfono 619 87 82 22

O Concello das Somozas prepárase para celebrar a festividade de San Xoán o sábado, 21 de xuño, cunha xuntanza especial organizada pola Asociación de veciños de Santa María de Seixas e que conta coa colaboración de Sogarisa e o Concello das Somozas.

A xornada arrincará ás 20:30 horas no campo da feira de Seixas co inicio da cea, que, nesta ocasión, contará cun menú composto por empanada, churrasco, chourizo, patacas, pan, bebida e postre. A cea terá un custo de 17 euros para os socios, 25 euros para os non socios e 10 euros para os nenos e nenas de ata 12 anos.

Seguindo as tradicións desta festividade haberá tamén queimada e unha fogueira. Ademais, a celebración contará tamén cunha actuación especial da man de Vanesa Ramil.

Aquelas persoas que estean interesadas en sumarse á cea deberán facer a súa reserva antes do 15 de xuño a través do número de teléfono 619 87 82 22, tendo preferencia as persoas socias.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, anima a toda a veciñanza a achegarse a esta gran festa xa que supón, “a maneira perfecta de celebrar a antesala a unha das noites máis especiais do ano, mantendo vivas as tradicións e desfrutando dunha gran xuntanza”.

Deja un comentario