Friday 06 de June de 2025

Oleiros recoñecido no Premio Nacional de Cerámica


As múltiples iniciativas sobre a olería que realiza o Concello de Oleiros desde hai décadas fixeron ao municipio merecedor dunha distinción de honra no Premios Nacionais de Cerámica, que celebrou en Granada a súa décima edición, organizados pola Asociación Española de Ciudades de la Cerámica. Este recoñecemento confirma o Museo Os Oleiros José María Kaydeda e a feira Alfaroleiros como referentes culturais en todo o Estado español.

 

O alcalde Ángel García Seoane, acompañado pola concelleira de Cultura María José Santos, recibiu o diploma e destacou a atención que lle presta desde sempre o Goberno municipal de Oleiros á olería, tanto no museo coma nas múltiples actividades que se celebran ao longo do ano, ademais de Alfaroleiros, que chegou o pasado ano á súa trixésima edición.

 

O Museo dos Oleiros contén unha das mellores coleccións de cerámica popular existentes no estado español e Alfaroleiros é considerada a feira de olería tradicional máis importante da península polos propios artesáns participantes.

Deja un comentario