
Loli Silva asegura que a tramitación da Xunta foi completada no pasado mes de maio.
A portavoz do Partido Popular de Oleiros, Loli Silva, manifestou o desexo da súa formación política para que canto antes o Ministerio de Transición Ecolóxica ceda ao Concello de Oleiros o chan afectado polo porto de Sta. Cruz; e así o Concello poida actuar nesta contorna urbana poñendo en valor o paseo marítimo e o areal de Santa Cruz como un espazo emblemático e referente en nuestromunicipio.
A portavoz do partido popular lembra, que a Xunta de Galicia xa remitiu, no mes de maio, a través dos servizos de costas do Estado dependentes do Ministerio de Transición Ecolóxica os acordos de reversión baseados na declaración de innecesaridad, acordado con todos os Alcaldes e en base a criterios técnicos previamente acordados coa FEGAMP na reunión do 26 de novembro.
Coa remisión ao goberno central deste acordo, a Xunta de Galicia, rematou os trámites da súa competencia. Agora esperamos que o Ministerio non dilate a cesión no tempo e esixiremos ao concello que faga todas as xestións necesarias para poñer ao dispor dos oleirenses canto antes este espazo. Así mesmo, pediremos unha vez máis que acometa as actuacións necesarias para que a praia urbana de Santa Cruz poida obter o galardón de Bandeira azul.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.